Inicio
Tarifas
Nosotros
Clientes
Whois
Contacto
www.centrored.com - Teléfono de atención al cliente:
902 15 75 82
¡Fácil, Económico, Eficaz!
-rexistro de dominios-
Productos/Servicios
Profesionales
Servidores dedicados
Aplicaciones Web
Páginas Web
Acceso clientes
Usuario
Clave
¿Ha olvidado su clave?
Tablón de noticias
Array
Busque o seu nome de dominio
www.
.es
.com
.net
.org
.eu
.biz
.info
.tv
.com.es
.nom.es
.org.es
.edu.es
.cat
.gob.es
.......y si desea traer su dominio a CentroRed, pulse aquí.
Avantaxes adicionais
Ó rexistra-lo seu dominio con CentroRed, obterá totalmente gratis os seguintes servicios e avantaxes adicionais:
O envío de datos durante o proceso de rexistro do dominio realízase de forma segura mediante unha conexión SSL, que mantén en todo momento a privacidade dos seus datos.
Páxina de ocupación provisional do seu dominio, con información de contacto.
Servicio de redirección web gratuíta.
Servicio de DNS apuntando ó servidor de aloxamento que Vde. escolla.
Numero ilimitado de caixas de e-mail tipo oseunome@centrored.net totalmente gratuítos.
Panel de control - Certificado e sobre SSL - para a completa xestión dos seus dominios
e servicios de Internet.
Estatísticas detalladas dos accesos á súa web (en caso de aloxa-lo dominio connosco).
CGI para envío dos seus formularios desde as súas páxinas Web.
Servidor espello para garanti-la integridade dos seus datos e o funcionamento da súa Web.
Backup semanal dos contidos da súa web para garanti-
la permanencia das súas páxinas.
Posibilidade de contrata-la nosa
Web autoxestionada
.
E sobre todo, a garantía, seriedade e experiencia dunha empresa que leva 9 años ofrecendo servicios de Internet.
CentroRed
.
Pídanos información sen compromiso mediante o noso
formulario de contacto
.
Preguntas frecuentes
-Exemplos de rexistro de dominios:
A) Tipo ".COM .NET .ORG .INFO .BIZ, ETC." constrúa un acrónimo que lle resulte atractivo e relacionado co nome da súa empresa ou actividade. Por exemplo: "asuaempresa.com". Este tipo de rexistro de dominios pode solicitalo calquera Empresa ou persoa física.
B) Tipo ".ES" (España) pode construír da mesma forma o seu nome de dominio, pero debe ter en conta que o rexistro de dominios baixo ".ES", require que a empresa solicitante teña dereito a el, ben por semellanza o igualdade co nome rexistrado da empresa, ben co rexistro legal dun nome de marca da súa propiedade. Por exemplo, "centrored.com.
Por favor, consulte as
normas para o rexistro de dominios .es
, antes de solicita-lo seu dominio.
Coñeza máis
Internet é unha Rede de Comunicacións onde, coma en tódalas redes de ordenadores, cada un dos elementos, servidores, nodos, ordenadores, etc. que a compoñen, identifícase e diferénciase dos demais por unha dirección única e sen igual na rede.
Esta dirección consiste nun número e chámase dirección IP (Internet Protocol)
Cada Dominio de Internet está necesariamente asociado a unha dirección IP que debe estar asociada á súa vez, a un Servidor.
Mediante un sistema chamado DNS (Domain Name Service) que funciona en toda a REDE, asóciase o nome rexistrado do dominio, coa dirección IP asociada ó seu Servidor de aloxamento.
Un nome de dominio permite que calquera usuario da REDE chegue a te-las páxinas da súa empresa na pantalla do ordenador con só poñe-lo nome de dominio da súa empresa: www.suempresa.es
A dirección da Web dunha empresa sen dominio propio, xeralmente adoita ser algo semellante a: www.centrored.com/clientes/empresas/asuaempresa.html
Polo tanto, asegurámonos rexistrar un dominio único en toda a Rede, que entre outras cousas impedirá que o noso nome sexa utilizado por alguén alleo. Isto é especialmente importante ó non existir ningunha lexislación clara que regule o rexistro de dominios, entre outras cousas debido ó "mundo sen fronteiras" que é Internet. O que está prohibido polas leis locais deste lado da fronteira, está permitido do outro lado. Sen embargo, Internet nin ten nin poderá ter fronteiras.
Non o pense máis e aproveite a facilidade que lle brindamos. Escolla o seu nome de dominio....asuaempresa.com, asuaempresa.es. asuaempresa.net, asuaorganizacion.org, etc.
Se desexa coñece-la normativa existente para o rexistro de dominios .ES, pode atopala
aquí
.